Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 136 ou As Mariñeiras . Sitúase a carón da Rabadeira, desde onde se accede a través do Camiño das Mariñeiras . Ocórrensenos dúas posibles explicacións para esta forma. Unha delas é que tomara este nome do alcume dalgunha antiga propietaria, oriúnda dalgunha parroquia costeira (da Mariña ). Sería nese caso un sobrenome bastante antigo, pois o topónimo xa aparece rexistrado no Catastro de Ensenada, aínda que non se corresponde con ningún dos apoios ou alcumes recollidos por nós en Candeán. Outra posibilidade é que o topónimo se refira a unha mariñeira (palabra recollida na parroquia de Zamáns): carro cargado de batume que se apañaba no monte comunal e se vendía despois nas parroquias do litoral, que tiñan máis dificultades para conseguiren esterco para os seus cultivos. Mouteira, A A palabra mouteira presenta numerosas acepcións en galego, como ‘marco de pedra que divide as herdades’, ‘mata de herbas ou plantas de pouca altura’ ou ‘conxunto de árbores ou plantas que destacan sobre as demais’. Nas parroquias da contorna de Candeán, esta forma úsase con frecuencia para referirse a unha mata de herbas. Da mesma raíz deriva a voz mouta , presente na fala do val de Fragoso, que designa unha pequena lomba ou elevación do terreo. Procede probablemente do preindoeuropeo mot - ou mout - ‘montículo’ (Rivas Quintas, 1982). En Prado (Gondomar) unha mouta é unha mámoa, e en Coruxo (Vigo) a palabra moutillón é sinónimo de duna. Rexistramos este topónimo en dous lugares ben distantes entre si da parroquia de Candeán: — — A Mouteira ou O Campo da Mouteira (nos Currás, A Fonte Escura). — — As Mouteiras (no Busto). Panasca, A A forma feminina panasca resulta menos frecuente ca o masculino panasco . Segundo Eligio Rivas, unha panasca é un ‘prado natural, que se vai cortando ou pacendo en fresco’ (1978).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1