Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 134 Hortiña, A Véxase A Horta. Lamas Topónimo que dá nome a unhas terras agrícolas próximas a Erminde. Rexistrámolo coas seguintes formas: Lamas ou Os Campos de Lamas , As Presas de Lamas , O Seguedo de Lamas e As Coutadas de Lamas . Na zona, a palabra lama emprégase sobre todo como xenérico, co significado de ‘terra solta empapada en auga’. Nalgunhas partes de Galiza, o seu derivado lameiro úsase como sinónimo de prado (Navaza Blanco, 2007a: 120). Pero en Candeán os prados de rega reciben outro nome distinto: seguedos . En Parada (Cabral), no Río das Pereiras (a carón do límite parroquial), existe un topónimo A Lameira derivado tamén de lama . Lameira é unha forma popular que se utiliza para designar as terras ou superficies enchoupadas. A palabra lama é anterior á introdución do latín. Leira, A Leira é un xenérico vivo na parroquia de Candeán, que designa unha herdade ou parcela individual de cultivo. En moitos casos, as leiras preséntanse en forma de superficies agrícolas paralelas, estreitas e alongadas con distintos propietarios, que se dispoñen entre dous valados, socalcos, ou entre estes e un camiño ou regato. Un conxunto de leiras acoutadas por algún tipo de barreira física ou separación identifícase con frecuencia cun determinado topónimo. Inclúen a palabra leira os seguintes topónimos: — — A Leira Longa , As Leiras das Taboadas (na Fonte Escura). — — As Leiras e O Camiño das Leiras (na Fonte Escura). — — A Leira (na Igrexa). — — A Leira (en Erminde). — — A Presa das Leiras (na Freiría). — — A Leira , As Pozas da Leira e As Coutadas da Leira (na Vesada). Aínda que en principio se refiren ás superficies de cultivo, tamén se denominaban leiras as parcelas de monte que o garda forestal asignaba de maneira temporal aos veciños ou veciñas que as solicitaban. A
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1