Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

133 T O P Ó N I M O S Esqueiriña, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Horta, A As hortas eran cultivos que non podían faltar no interior dos pequenos núcleos rurais e nas súas inmediacións, así como en casas illadas, como se pode comprobar no Catastro de Ensenada. Mesmo nos tempos actuais, rara é a vivenda en Candeán que non conserva unha pequena horta familiar. Tamén na toponimia da parroquia quedou reflectido este uso da terra: — — A Horta (ou As Hortas ) e O Camiño da Horta (na Rabadeira). Tiña sona de dar moi bo froito no cedo . No Catastro de Ensenada aparece como «Hortas de Ravadeira». — — A Hortiña (na Lagoa, A Rabadeira). Coa preposición sub- : A Suahorta ou A Suhorta , na Igrexa. No Catastro de Ensenada existen evidencias de que no lugar da Igrexa existía un topónimo A Horta ou Horta da Igrexa , que aparece rexistrado con estes nomes. Ademais, neste documento abundan as referencias ao topónimo A Suahorta , terras de secaño que se atoparían baixo a citada horta, e aparecen nomeadas como «Sub a Horta», «Suba Borta», «Su Horta de Yglesia», «Suba Borta da Yglesia», «Subahorta» e «Subahorta». Este libro histórico recolle ademais un «Cocho da horta» en Erminde. O xenérico horta , de uso común, designa un terreo de regadío achegado á casa, onde se cultivan diversos legumes, verduras e hortalizas, e por veces tamén árbores froiteiras, en réxime de policultivo. A súa finalidade inicial era garantir o abastecemento de alimentos da unidade familiar, complementando o cultivo de cereal, a recolección de froitos secos etc. Na actualidade, as hortas continúan a xogar un papel importante como complemento económico da poboación que habita en áreas rurais e periurbanas. Horta deriva do latín hortum (Marqués Valea, 2004) ‘terreo pechado de cultivo’ ou ‘casa de campo’ . Nalgunhas comarcas de Galiza tense rexistrado a forma masculina horto , aínda que o máis frecuente é que se empregue a feminina.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1