Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 132 así o gran da palla (Rodríguez González, 1958-1961). Achegado á eira estaba o canastro (como se coñece o hórreo en Candeán), onde se almacenaba o gran. Semella que a maioría das eiras de Candeán eran de propiedade particular, como resultaba frecuente na comarca (a diferenza doutras zonas do país, onde predominaban as eiras ou airas comunais). Temos constancia, non obstante, da existencia dunha eira colectiva que daba servizo a tres casas, no centro do antigo núcleo rural da Vesada. Recibía o nome de A Eira de Dentro . O Catastro de Ensenada rexistra ademais diversos topónimos que inclúen o substantivo eira , como «A Eyra», «Campo da Eyra», «Cocho da Eyra» e «Chan da Eyra». A palabra eira procede do latín aream , que nomeaba tanto o espazo central da granxa ou vila romana coma calquera outra superficie aberta de terra firme (Marqués Valea, 2004). Eirado, O Rexistramos este topónimo na Casa dos Soles (O Cotobade). Existe ademais unha fonte chamada A Fonte do Eirado , no lugar da Devesa. A palabra eirado (ou eirada ) pode designar cada unha das camadas de cereal que se estenden sobre a eira para seren malladas. Falariamos entón dunha eirada de trigo ou de centeo, por exemplo. Non obstante, tamén pode utilizarse cun valor análogo a eira . Enxido, O Este xenérico continúase utilizando na parroquia de Candeán, co sigificado de ‘horta contigua ao lugar da casa, plantada de árbores froiteiras’. Como topónimo, encontrámolo no Monte Pequeno, na Parachán e en Erminde. Aparece como Inxido no Pío (A Igrexa) e tamén o rexistramos en plural (Os Enxidos) no exterior do núcleo do Busto. En Sárdoma, non obstante, dise Eixido , forma orixinal non nasalizada que conserva o ditongo decrecente ei (Eixido > Enxido). A palabra enxido procede do latín exitum , derivado do verbo exire ‘saír’ (Navaza Blanco, 2007b). Refírese posiblemente á posición que ocupaban estes terreos na saída das casas e dos núcleos rurais, fóra dos lugares das vivendas, aínda que sempre se situaban preto delas. Véxase O Eido.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1