Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
129 T O P Ó N I M O S a propiedade. Este tipo de topónimos aparece sobre todo a partir do século xvi , cando comeza un período de forte crecemento das terras de cultivo (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014: 22). Tamén nos encontramos co topónimo Coutada Nova , que aparece en tres localizacións distintas da parroquia. Non está incluído no Catastro de Ensenada, o que nos fai pensar que quizais xurdiu nunha fase recente de acoutamento dos montes. As apropiacións de parcelas de montes comunais por parte dos propios veciños e veciñas rexístranse en datas tan tardías como as primeiras décadas do século xx , como sucedeu no concello de Oia (Barros Alfaro, 2014). A maioría dos topónimos que inclúen a palabra coutada están situados no antigo territorio da diocese de Tui. Noutras partes de Galiza estas parcelas reciben denominacións distintas, como chousa , cerrada , tapada ou tomada (forma empregada en parroquias do sur do concello de Vigo, como Oia e Coruxo). A palabra coutada (que aparece rexistrada con frecuencia no Catastro de Ensenada) xerou un gran número de topónimos na parroquia de Candeán, debido precisamente ao seu carácter de voz viva na fala popular. A continuación presentamos estes topónimos clasificados por grupos. Coutadas novas e vellas: A Coutada Nova (O Cotobade), A Coutada Nova (A Freiría), A Coutada Nova (A Vesada) e A Coutada Vella (A Vesada). Polo seu tamaño, situación, forma e outras características: A Coutada de Fóra (baixo A Pedra do Valo), A Coutada de Fóra (A Devesa), A Coutada da Esquina , A Coutada Grande , A Coutada Longa e A Coutadiña . Pola súa localización: A Coutada do Gato (onde A Pedra do Gato, As Pereiras), A Coutada da Veiga Aberta (a carón dos campos da Veiga Aberta), As Coutadas das Laxes (nas Laxes), A Coutada dos Mouros (onde se localiza a mámoa da Casa dos Mouros), A Coutada do Xunco Mariño (no Xunco Mariño), A Coutada da Fonte da Maleita , A Coutada do Monte (preto do monte comunal da Facha), A Coutada da Mina , As Coutadas do Muíño (na Goleta), A Coutada da Barxa (A Barxa, baixo A Lagoa da Fonte do Seixo), As Coutadas das Regueiras , As Coutadas do Salgueiro , As Coutadas das Cachadiñas , As Coutadas de Xocín , As Coutadas do Busto (sobre o núcleo do Busto), As Coutadas do Olleiro (no lugar do Olleiro), A Coutada do Penedo (O Penedo, Erminde), As Coutadas do Cocho do Lago , As Coutadas da Pedra Longa ,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1