Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 128 — — Os Campos do Cocho (nas Regadas, na estrema de Cabral). — — O Rego do Cocho (nas Regas, baixo Os Muíños do Crasto). Algúns veciños e veciñas da parroquia eran identificados con estes topónimos por viviren en lugares que recibían este nome: A Celia do Cocho , Tía Rosa do Cocho , Tía Cándida do Cocho etc. A palabra cocho é de uso frecuente na fala suroccidental de Galiza. Designa unha parcela agrícola de pequeno tamaño. Mais tamén se refire a un agocho, lugar pequeno e protexido, como pode ser ‘o cocho do can’. Deriva do latín tardío cocculu ‘cuncha, cunca’, procedente á súa vez do latín concha ( Rivas Quintas , 1982: 220). Presenta a variante acocho , que está relacionada cos verbos acochar e agochar ‘arroupar, abrigar, ocultar’ . Iván Sestay sinala que a palabra cocho significa, na fala local do Val de Fragoso, ‘pequena peza de labradío dedicada a horta’ (2010: 74). Coutada Coutada é unha palabra viva na fala local, que designa os terreos de natureza forestal de propiedade particular, en contraposición co monte baldío , superficie forestal de carácter comunal, propiedade do conxunto de comuneiros/as da parroquia. Empregamos aquí o termo forestal en sentido amplo, incluíndo todo tipo de comunidades vexetais que medran (de maneira natural ou plantadas) nos montes, e non só as formacións arborizadas. Cada coutada está perfectamente delimitada por varios marcos de pedra, e en moitas ocasións adoita estar rodeada ademais por unha parede de pedra, ou ben por valos de terra (algo habitual en Candeán, onde o terreo é pouco pedrallento), denominados na parroquia corcovas ou gorgozas . Coutada é unha palabra que deriva do verbo coutar , procedente da voz galega couto . A orixe desta forma está no participio do verbo latino cavere ‘defender, protexer, gardar’ (Carrasco Joaquín e Navaza Blanco, 2014: 22). É moi posible que, inicialmente, moitas destas superficies fosenmontes comunais, que nalgúnmomento de expansión demográfica e ampliación das terras agrícolas serían ocupados directamente polas familias para se garantiren a provisión de toxo, batume, pastos, leña e outros recursos. Estas parcelas serían coutadas, protexidas fisicamente para impedir a entrada de gando alleo ou simplemente para delimitar
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1