Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
11 E S T R U T U R A D O L I B R O Os topónimos presentes neste traballo están clasificados tematicamente en once apartados distintos. O primeiro deles é o que denominamos Os primeiros núcleos de poboamento . A partir dos datos contidos no Libro de legos da parroquia de «San Chrisptoval de Candeán», do Catastro do Marqués de Ensenada, redactado a «siete días del mes de abril de mil sete cientos cinquenta y tres», podemos obter unha radiografía histórica do Candeán de mediados do século xviii . Naqueles tempos, a parroquia estaba dividida en pequenos núcleos rurais que se dispersaban sobre unha extensa superficie agrícola, composta por cultivos de secaño e regadío, pasteiros, viñas e devesas, tendida aos pés do monte comunal. Estes lugares ou casais, escasamente poboados, estaban formados por casas terreñas coas súas construcións anexas, mais un reducido número de casas «de un alto». Estas últimas contaban xa con andar superior dedicado á vivenda, situado sobre as cortes do gando, e esta será a tipoloxía de vivenda labrega que se acabaría impoñendo no noso país. No segundo apartado, O relevo , reunimos os topónimos que describen a morfoloxía do terreo, os chamados orónimos: elevacións, depresións, crebas na superficie da terra, chans, pendentes, cavidades e rochas. Candeán é unha parroquia de formas suaves con escasos afloramentos superficiais de pedra, pero que ao mesmo tempo presenta unha topografía complexa e variada. Desde as veigas fluviais das partes baixas ata as recháns das cotas de maior altitude, pasando por unha gran variedade de relevos como lombas, ladeiras ou pequenos vales fluviais. En Os nomes da auga (hidrónimos) tratamos os topónimos relacionados coa rede hídrica e co manexo que se facía desta: os Estrutura do libro 2
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1