Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
127 T O P Ó N I M O S a palabra cocho presenta un significado xenérico de ‘abrigo, refuxio’, mesmo en contextos mariños. É o caso do Cocho das Dornas , situado na praia de Samil. Véxase O Cocho. Cochiño, O Rexistramos o topónimo Cochiño en dous lugares distintos da parroquia: — — O Cochiño (no Lugar da Felisa, na Fonte Escura). — — O Cochiño ou O Cuchiño (no Caeiro, antiga estrema parroquial). Cochiño é diminutivo de Cocho referido a unha parcela agrícola ou cocho de pequeno tamaño. Véxase O Cocho. Cocho, O O topónimo Cocho repítese con frecuencia en Candeán asociado sempre a zonas agrícolas e a núcleos de poboamento: — — O Cocho , O Cocho de Abaixo e O Cocho de Arriba (nos Currás, A Fonte Escura). — — O Cocho do Río ou Chan do Río (nas Pereiras). — — O Cocho (na avenida do Aeroporto). — — O Cocho do Lago ou Os Cochos do Lago (baixo Erminde). — — As Coutadas do Cocho do Lago , O Camiño do Cocho do Lago e O Cocho do Lago (no Lago, baixo A Torre). — — O Cocho do Estevo . — — O Cocho do Pauto (preto da Torre dos Mouros). — — O Cocho da Fonte (a carón do Cebiñeiro). — — O Cocho e O Carreiro do Cocho (a carón dos Muíños da Goleta). — — O Carreiro do Cocho e O Cocho (en Erminde, baixo o Lugar da Tía Hermosinda). — — O Cocho (na Rabadeira, onde residían Tía Rosa do Cocho e Tía Cándida do Cocho). — — O Cocho e O Rego do Cocho (na Rabadeira, veigas próximas ás Coutadas dos Quintiáns). — — O Cocho e As Veigas do Cocho (en Cabral, a carón da Lomba). — — O Cocho (no Busto).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1