Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 126 do mesmo nome, onde os campos de cultivo entran en contacto coa superficie forestal, dividida en coutadas particulares. Cavada, A O topónimo Cavada prodígase na parroquia de Candeán: — — A Cavada (na Fonte Escura). — — A Fonte da Cavada , O Lugar da Cavada e O Lavadeiro da Cavada (na Goleta). — — ACavada ou As Coutadas da Cavada (sobre a Fonte da Rabadeira). — — As Cavadas (no Salgueiro). — — As Cavadas , A Cavada de Arriba , A Cavada de Abaixo e A Cavada Nova (na Vesada). Co diminutivo - iña existe ademais unha Cavadiña fronte ao castro de Codeside, aínda que esta xa pertence á parroquia veciña de Cabral. O Catastro da Ensenada rexistra á súa vez a forma «Cavada Vella». Cavada deriva do latín cavare ‘cavar’, de cavus - a - um ‘oco’. Xuntamente cos topónimos A Cachada , A Vesada , A Roza e A Rotea , A Cavada designa as novas terras de cultivo que foron creadas pola cavadura de antigas superficies forestais, dentro dun proceso de expansión das terras agrícolas que se intensificou nos séculos xvii e xviii pola chegada de novos cultivos procedentes de América. Véxase A Cavadiña. Cavadiña, A Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Cocheiros, Os É un pequeno poboamento que no ano 1753 apenas contaba cunha única casa terreña. No voo americano dos anos 1956 e 1957, Os Cocheiros xa aparecen como un núcleo disposto linealmente en forma de rueiro ao longo do Camiño dos Cocheiros , entre O Río Vello e O Lugar da Castiñeira , baixo A Esqueiriña. Este topónimo é un derivado de cocho ‘pequena parcela agrícola protexida, que se dedicaba polo xeral a cultivos de horta’. Ademais,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1