Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

125 T O P Ó N I M O S próximos, que vinculan cada terreo á familia ou persoa posuidora del: Os Campos da María Rosa , Os Campos do Moxenas , O Campo do Meco , O Campo do Urbano , O Campo do Advogado e O Campo do Notario , entre outros. A palabra galega campo procede do latín campus ‘chaira’. En galego (como nas outras linguas romances) o significado do termo orixinal derivou sobre todo en ‘terra cultivada ’ , como acontece cos topónimos anteriores (Marqués Valea, 2004: 592). Non obstante, aínda se conservan outras acepcións distintas do substantivo campo , que pode referirse tamén a unha superficie chá de uso común (O Campo da Feira) , ou a unha área montañosa de relevo suave que se aproveita como pasto leñoso e panasco para o gando. Abundan os topónimos desta última clase nas chairas elevadas das serras litorais próximas, como o caso do Campo Redondo , na serra do Galiñeiro, ou do Campo do Lobo, na da Groba. Campo do Cabo, O A palabra Cabo é un substantivo que significa ‘parte final ou extremidade dun obxecto’. Deriva do latín caput ‘cabeza, extremo’. Referido a un campo, sinala que se encontra ao final dun camiño ou nas aforas dunha poboación (Navaza Blanco, 2007b: 7). Rexistramos o topónimo Campo do Cabo en dous lugares distintos da parroquia de Candeán: — — Campo do Cabo (na Igrexa). — — Campo do Cabo ou Os Campos do Cabo , O Rego do Cabo , O Camiño do Cabo , As Pozas do Cabo ou Pozas do Campo do Cabo e O Cabo da Porta (na Freiría). Os dous enclaves aparecen recollidos no Catastro de Ensenada. O primeiro localízase a carón do actual cemiterio. Non obstante, o antigo núcleo habitado da Igrexa posiblemente se reducía ao actual lugar do Calvario (topónimo que non aparece rexistrado no Interrogatorio do Marqués de Ensenada). Quizais naquel entón, O Campo do Cabo ocupaba unha posición periférica ao respecto das vivendas. De feito, a carón da superficie cultivada do Campo do Cabo existía «una dehesa» de dous ferrados de superficie. O Campo do Cabo da Freiría, pola súa parte, aínda hoxe se sitúa na zona exterior deste antigo casal, na parte final (ou cabo ) do camiño

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1