Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 124 Campelo, O É unha parcela da Fonte Escura. Campelo é unha forma derivada de campo , que contén o sufixo diminutivo - elo (> latín ellum ). Un campelo é, polo tanto, un campo de escasa superficie. Véxase Campo. Campiño, O É un terreo situado así mesmo na Fonte Escura. Un campiño (diminutivo tamén de campo) é un campo de pequenas dimensións. Véxase Campo. Campo A palabra campo é un xenérico de uso moi frecuente, que deixou unha pegada moi prolífica na toponimia local. Ás veces aparece soa, sen adxectivos que a modifiquen: O Campo ou Os Campos (A Goleta), Os Campos (A Freiría). Non obstante, o máis habitual é que se trate de formas compostas, ao estar o substantivo campo acompañado por adxectivos descritivos que nos achegan algún tipo de información complementaria. Nalgúns casos, son topónimos referidos á posición relativa ou ás dimensións destes terreos: O Campo de Arriba (A Goleta), O Campo de Abaixo (A Goleta), O Campo Grande (Camiño do Cocho do Lago), O Campo Longo (A Rabadeira). Outros conteñen elementos localizadores, que vinculan o campo a un núcleo de poboación próximo, ou a algún outro referente concreto, como pode ser unha fonte ou un muíño: O Campo da Fonte (A Fonte Escura), O Campo da Fonte (A Regueira, tamén na Fonte Escura), O Campo da Fonte (baixo a Fonte do Seixo), OCampo daMina (Cotobade), O Campo do Rego (Cotobade), Os Campos de Erminde , O Campo da Presa (Erminde), Os Campos do Muíño (A Goleta), Os Campos do Salgueiro , Os Campos do Rego do Morte (A Parachán). Moitos topónimos conteñen tamén o nome do propietario. Nestes casos é frecuente que exista unha contradición entre o nome co que coñecen os propietarios o seu campo (que se corresponde co topónimo xenérico do lugar) e a forma en que o denominan os veciños e veciñas

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1