Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
123 T O P Ó N I M O S que a orixe destas terras de cultivo fose a cavadura de áreas de bosque ou mato. A palabra cachada é o participio do verbo cachar , derivado de cacho ‘anaco, fragmento’. Cachadiña, A O diminutivo de cachada, cachadiña , está presente tamén en diversos topónimos da parroquia de Candeán: — — A Cachadiña (no Cotobade). — — A Cachadiña, O Camiño da Cachadiña, As Coutadas da Cachadiña ou das Cachadiñas, O Monte da Cachadiña e O Alto da Cachadiña (sobre A Esqueiriña). Véxase A Cachada. Cacharela, A Este topónimo podería ser unha forma derivada do latín tardío cappelare ‘cortar, dividir’ (Rivas Quintas, 1982: 250), que deu orixe ao verbo galego cachar . Unha segunda posibilidade sería que procedese da palabra polisémica cacho , que presenta significados moi diversos tales como ‘anaco, recipiente’ etc., e incorpora neste caso o sufixo átono - ra , a semellanza das formas coto > cótaro ou nicho > nícharo . A Cacharela é unha antiga superficie agrícola, hoxe edificada, que linda coa antiga Devesa do Rei da Fonte da Barca. Véxase A Cachada. Cacharola, A Como A Cacharela , A Cacharola podería formar parte do grupo de topónimos derivados do verbo cachar ‘cavar superficialmente a terra’. Encontramos a forma Cacharola nos seguintes lugares de Candeán: — — A Cacharola (baixo A Igrexa). — — As Cacharolas (na Goleta).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1