Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 122 En Candeán, só recollemos esta forma nas marxes do pequeno regato que descende na Fonte do Seixo, no nacemento do río de san Cristovo. O lugar sitúase baixo unha antiga braña (hoxe desaparecida) que era coñecida como A Lagoa da Fonte do Seixo . Neste caso, o significado de barxa podería aproximarse ao de lagoa ou fenal . Os topónimos rexistrados foron A Barxa ou As Barxas , As Coutadas da Barxa , Os Seguedos da Barxa (prados), A Barxa do Patria e A Barxa do Río . Busto, O Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3). Cachada, A Cachada , Rozada , Cavada , Vesada , Rotea …, son formas todas elas que aluden ao mesmo proceso histórico de corta e cavadura de antigas terras de monte para convertelas en novos cultivos agrícolas, proceso que resultou especialmente intenso nos séculos xvii e xviii , e que recibiu nomes tales como arroteamento ou desbravamento (véxase A Cavadiña ). O topónimo Cachada localízase en tres zonas distintas da parroquia de Candeán: — — A Cachada (preto das Cales). — — As Cachadas de Abaixo e As Cachadas de Arriba (nos Cocheiros). — — A Cachada de Benito (en Erminde). A palabra cachar é de uso común na comarca e deriva do latín tardío cappelare ‘cortar, dividir’. Designa a acción de cavar superficialmente a terra para desenraizar as herbas que medran entre os cultivos, e eliminar así a competencia das especies plantadas (millo, cebolas etc.). Tamén pode referirse á acción de rozar o mato a rente da raíz (cachar o toxo) . Pero no pasado, cachar foi sinónimo de estivadar ‘cavar unha parcela de monte para sementala temporalmente de trigo ou centeo’. O proceso incluía rozar o terreo, arrincar as raíces de toxos e outras especies, amorealas, queimalas e estender as cinzas ou borralleira por toda a superficie. Así quedaría preparada a parcela para cultivar cereal. Os topónimos antes mencionados localízanse en zonas de transición entre superficies agrícolas e forestais, polo que resulta bastante probable

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1