Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
121 T O P Ó N I M O S referirse a propiedades que presentan unha forma alongada e estreita, ou a engadidos dunha parcela contigua de maior extensión (Navaza Blanco, 2007a: 145). Trataríase neste caso dun topónimo agrícola de carácter descritivo. Na mesma parroquia de Candeán encóntrase tamén o núcleo de A Rabadeira (probablemente O Rabo da Eira na súa forma orixinal), que podería presentar un significado semellante. A gricultura e gandaría Barxa, A É unha palabra que se repite en numerosos topónimos do concello de Vigo, pero que resulta pouco frecuente en Candeán. É dalgunha maneira un fósil vivinte pois, ao igual ca outras voces que tratamos tamén neste libro, ten a súa orixe na prehistoria, ao ser anterior, polo tanto, á chegada do latín (Navaza Blanco, 2011: 36). Está relacionada co étimo –tamén prerromano– barcena , presente en lingua castelá, que designa o mesmo tipo de terreos. A voz barxa aínda se conserva viva na fala do Val de Fragoso e zonas próximas, co significado de ‘terra chá e moi húmida, situada na marxe dun río’ (Sestay Martínez, 2010: 44). Con frecuencia, estas terras sitúanse nas superficies de inundación dos ríos e resultan alagadas polas enchentes. Como ben apunta Iván Sestay no seu libro sobre a toponimia de Lavadores (2010), as barxas resérvanse normalmente para pradeiras de sega, que son cortadas no final do verán, ou ben son aproveitadas directamente polo gando como pasto. Neste caso medra con frecuencia vexetación herbácea natural adaptada ao enchoupamento, especialmente feo , nome común a diversas gramíneas de gran tamaño, que aquí se aplica á herba das brañas (Molinia caerulea) . Noutras ocasións, terras denominadas como barxas poden estar dedicadas igualmente ao cultivo de millo, como puidemos comprobar noutras parroquias do concello de Vigo. Ademais de barxa existe tamén na comarca o xenérico barxío , cun significado equivalente. Pode aparecer como substantivo ou como adxectivo, e designa as terras profundas e húmidas próximas a unha corrente de auga, as denominadas terras de barxío . En galego contamos ademais con outras formas semellantes a barxa, como son barcia e barciela , co mesmo significado.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1