Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 120 cabra (Strix aluco) encóntranse afortunadamente nunha situación moito mellor. Descoñécese a orixe da palabra moucho , que podería proceder do latín vulgar noctuolus , diminutivo de noctua ‘moucho’ (Marqués Valea, 2004). A Pedra do Moucho , no límite entre as parroquias de Candeán e Cabral Rabo de Asno É un pequeno núcleo rural que podemos recoñecer na fotografía aérea do voo americano dos anos cincuenta do pasado século. No ano 1753, porén, estas terras aínda non acollían ningunha vivenda e foron rexistradas como superficies de monte e secaño. Ademais do nome do actual barrio de Rabodeasno, recollemos os topónimos O Monte de Rabodeasno e O Camiño de Rabodeasno , todos eles no mesmo lugar. No Catastro de Ensenada o lugar aparece inscrito como «Ravo do Asno» ou «Ravo de Asno». Sinala Gonzalo Navaza que moitos topónimos que inclúen o substantivo rabo (como Rabo do Porco ou Rabo de Galo ) poderían

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1