Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
119 T O P Ó N I M O S A Pedra do Lobo , situada nas inmediacións dos campos de entrenamento do R. C. Celta. Pedra do Moucho, A Coñécese tamén como O Penedo do Moucho. É un fito xeográfico que sinala o límite entre as parroquias de Candeán e Cabral. Puido recibir o seu nome por ser pousadeiro habitual do moucho. Popularmente, a palabra moucho úsase para designar diversas aves nocturnas da familia das estrixiformes, ás veces de forma demasiado xenérica. Non obstante, cando se utiliza de maneira específica, refírese a unha pequena rapaz de hábitos preferentemente nocturnos, de nome científico Athene noctua . Esta especie foi moi común décadas atrás nas parroquias do concello de Vigo, pero sufriu unha caída da súa poboación local paralela á perda do hábitat rural e dos cultivos e pradarías, hoxe urbanizados ou abandonados, que o levaron probablemente á súa extinción completa no concello. Destino semellante correu outra pequena ave nocturna, o moucho de orellas (Otus scops) , do que apenas sobreviven contadas parellas refuxiadas nos parques urbanos da cidade. A curuxa (Tyto alba) e en maior medida a avelaiona ou
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1