Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
117 T O P Ó N I M O S zona do Monte Pequeno: A Casa de Pepe O Martaraño , O Lugar do Martaraño , O Monte do Martaraño e O Camiño do Martaraño . Pedra da Cobra, A Sitúase nas proximidades da Pedra Longa, no monte comunal da parroquia. É unha zona pedregosa e solleira, hábitat típico das serpes máis termófilas, como o cobregón (Malpolon monspessulanus) e a serpe riscada (Elaphe scalaris) , sen desbotar outras especies que tamén poderían estar presentes neste lugar. Na Pedra da Cobra existía unha explotación tradicional de pedra, coñecida como A Canteira da Pedra da Cobra . No monte de Erminde encontramos outro topónimo que tamén inclúe o nome deste réptil: O Coto da Cobra . O galego cobra provén do latín colubra , ‘serpe’. Cada vez resulta máis frecuente a confusión (por influencia do castelán «culebra») entre esta forma patrimonial galega e as cobras da familia Elapidae , que habitan en áreas desérticas e tropicais de Asia e África. A diferenza destas últimas, as cobras galegas resultan inofensivas, a excepción das dúas especies que temos de víboras: a víbora de Seoane (Vipera seoanei) , presente en escaso número no concello de Vigo, e a víbora fuciñuda (Vipera latastei) , que só habita nalgunhas serras do sur de Ourense. As víboras, a pesar da súa perigosidade, evitan sempre que poden o ser humano, fuxindo en canto é posible da nosa presenza. Pedra do Gato, A A Pedra do Gato ou Penedo do Gato é o nome dunha rocha illada que sinala unha das estremas históricas da parroquia de Candeán con Cabral. Xa aparece mencionada no Catastro de Ensenada con este mesmo nome. Está enclavada nunha zona forestal moi deteriorada da Parachán, dentro da chamada Coutada do Penedo do Gato . O único gato que reside actualmente na parroquia de Candeán é o gato doméstico (Felis silvestris catus) . Non obstante, cómpre sinalar que no pasado tamén habitaba aquí o gato bravo (Felis silvestris silvestris) , coñecido ademais con este nome. Noutras partes de Galiza recibe tamén as denominacións de gato fero , gato montés e gato monteiro .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1