Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 116 A fauna Gatiñeira, A Gatiñeiro e Gatiñeira son formas derivadas de gato , probablemente a través dos verbos agatuñar ‘gabear como un gato’ ou gatiñar ‘andar ás gatiñas , apoiando mans e xeonllos’. Así, como derivado de agatuñar teriamos o nome do paxaro chamado gatiñeiro (Dicionário Estraviz) ou gabeador ( Certhia brachydactyla), pequena ave insectívora que ascende os troncos das árbores en espiral mentres inspecciona as gretas da códea, onde se agachan os pequenos invertebrados dos que se alimenta. Un gatañeiro , pola súa parte, é un lugar de paso estreito (Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués). Referido a unha superficie agrícola, o topónimo Gatiñeira podería aludir quizais a unha parcela de difícil acceso. Para entrar nela habería que agatuñar por un valado ou socalco, ou ben anicarse por causa dalgún obstáculo existente. Rexistramos dúas áreas distintas que presentan este nome, relativamente próximas entre si, en zonas de contacto de superficies agrícolas e forestais: — — A Gatiñeira ou As Gatiñeiras (na Poba, desde onde parte O Camiño da Gatiñeira cara a estes terreos). — — A Gatiñeira ou As Gatiñeiras (no sur do Salgueiro). Véxase A Pedra do Gato. Martaraño, O Martaraño e martaraña son os nomes que recibe na comarca a fuíña ou garduña (Martes foina) , mamífero carnívoro da familia dos mustélidos semellante á marta (Martes martes) , tamén de pelo castaño, pero que presenta na papada unha mancha branca en vez de amarela. É relativamente común nos montes que rodean a cidade de Vigo, a diferenza da marta verdadeira, que habita en bosques caducifolios do interior de Galiza. A palabra martaraño é un derivado de marta , presente na toponimia viguesa. No entanto, Martaraño pode aparecer tamén como alcume persoal. É o caso dos seguintes topónimos de Candeán, que se encontran na

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1