Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
115 T O P Ó N I M O S Xunqueira, A Da palabra xunco deriva o colectivo xunqueira , ‘terreo húmido onde medran en abundancia os xuncos’. As especies máis doadamente observables de xunco, perennes e de certo tamaño, forman masas compactas debido ao sistema de crecemento que presentan, e emiten extensos rizomas (caules subterráneos) dos que brotan numerosas follas. Estas xunqueiras desenvólvense sobre superficies húmidas de auga doce (marxes de ríos e charcas, lameiras, zonas de trasduna etc.) ou salobre (marismas, esteiros e lagoas litorais). Os xuncos son indicadores de humidade no chan, polo que os campos onde estes abundan proporcionan bos pastos a ovellas, vacas e cabalos, xa que conservan a herba verde durante moito tempo. En Candeán existe un topónimo A Xunqueira (ou As Xunqueiras ), xunto con outros relacionados como O Camiño da Xunqueira , A Presa da Xunqueira e O Pilón da Xunqueira . Como pode verse, a presenza de auga é unha constante neste lugar. O Catastro de Ensenada recolle este topónimo como «Junqueira». Aspecto que ofrece na actualidade O Pilón da Xunqueira . As obras da autoestrada que atravesa Candeán afectaron gravemente os acuíferos da parroquia, e secaron os mananciais que alimentaban o lavadoiro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1