Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 114 na desembocadura do río Lagares, un lugar que recibe precisamente o nome de A Xunqueira (tamén chamado As Saíñas , pola existencia no pasado de antigas explotacións industriais de extracción de sal). No entanto, a parroquia de Candeán non está situada na costa, senón na zona interior do Val de Fragoso, e as súas correntes de auga non entran en contacto en ningún caso coa auga do mar nin existen rochas de carácter salino. Quizais a conexión que deu orixe a este topónimo se encontre en aspectos máxicos do patrimonio inmaterial local, nalgunha lenda ou tradición popular hoxe desaparecida. Así, algunhas plantas con propiedades medicinais vían incrementado o seu poder protector ou curativo cando estaban situadas nun lugar desde o cal se puidera ver o mar. Ou só medraban nestes sitios: en Candeán dicíase que o trementelo (Thymus caespititius) , unha das herbas de San Xoán , «nacía onde miraba o mar». No caso contrario, podíanse recoller igualmente e levar ata un promontorio orientado á ría. Así facía a mocidade de Candeán que, despois de arrincar esta planta aromática noutro lugar da parroquia, a subían ata un alto penedo desde o que se podía divisar o mar. Erguíana nas mans mentres pronunciaban estas palabras: Trementelo, mira o mar Que te van ir a levar Os mociños de Candeán En Calvos de Randín (Ourense), os tres xuncos que medraban a carón de certa fonte utilizábanse nun ritual de adiviñación. Quizais en Candeán tiveran algún valor análogo. O Xunco Mariño é un monte que está orientado ao suroeste, polo que ten vistas ao mar. Non podemos desbotar, polo tanto, a posibilidade de que os xuncos que saían neste lugar estiveran revestidos dalgún poder especial. Por outro lado, en Coruxo tamén se dicía que os xuncos que había nas ribeiras de O Pozo da Lagoa , poza que se sitúa na parte máis alta do monte (a 400 metros de altitude), eran xuncos de mar. Neste caso, a tradición oral consideraba esta charca como un ollo do mar . Estaba comunicada a través dunha canle subterránea co océano, do que recibía auga constantemente. De aí que nunca secara no verán (agora si o fai), e que os xuncos que alí medraban non fosen propios de lameiras ou augas doces, senón de augas salgadas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1