Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
113 T O P Ó N I M O S si, senón á extensión relativa dun terreo en relación con outro de maior superficie, que recibiría o nome de Xestal . Véxase O Xestal. Xestal Longo, O Zona de cultivo situada sobre O Salgueiro. Recibe o nome de O Xesta Longo ou Os Xesta Longos , o que para nós é indicativo de que a forma orixinal (como sucede en moitos outros casos) era singular. Recollemos ademais a variante Estaloncos , e como topónimo derivado As Presas do Xesta Longo ou Presas dos Estaloncos . Pensamos que o significado orixinal de Xestal Longose refire á forma que presentaba o xestal: Xestal + Longo . Véxase O Xestal. Xunco Mariño, O Este antigo topónimo aparece rexistrado no Catastro de Ensenada como «Junco Mariño». Encontramos esta forma nos seguintes nomes: O Xunco Mariño , O Monte do Xunco Mariño , O Camiño do Xunco Mariño , O Xunco Mariño de Arriba , O Xunco Mariño de Abaixo , As Presas do Xunco Mariño e As Coutadas do Xunco Mariño . É unha extensa superficie de monte, integrada por coutadas particulares e monte comunal, que constitúe o extremo occidental do arco forestal que envolve polo norte a parroquia de Candeán. A palabra xunco (do latín juncu , juncum , ‘xunco’) designa en galego diversas plantas da familia das xuncáceas pertencentes ao xénero Juncus . Sonmoi parecidas a algunhas ciperáceas, pero para estas últimas existen outras variantes da palabra xunco , como a forma feminina xunca , presente en xunca de algodón (Eriophorum angustifolium) . Esta especie, propia de turbeiras, medra en A Lagoa Grande (O Vixiador) e posúe caules cilíndricos como os xuncos verdadeiros. Para as ciperáceas que pertencen ao xénero Cyperus temos ademais o nome popular de xuncias . O topónimo Xunco Mariño resulta intrigante. Semella referirse a Juncus maritimus , xunco que medra sobre lameiras salobres que resultan alagadas pola preamar, en marismas e lagoas litorais. Estes xuncos forman con frecuencia extensas xunqueiras, como a que existe
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1