Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 112 abundan non obstante dúas especies de flores amarelas: Cytisus striatus e Cytisus scoparius . Unha especie que recibe os nomes de xesta mansa e xesta do mar é Oxiris alba , pequeno arbusto moi abondoso nas illas Cíes. A forma desta planta lembra moito unha xesta verdadeira, aínda que taxonomicamente está moi arredada delas (pertence á familia das santaláceas). A palabra xesta procede do latín vulgar genesta (do clásico genista ). A forma orixinal latina genista aplícase na nomenclatura botánica a outro xénero de arbustos afíns ás xestas, onde están incluídos o rañalobos (Genista triacanthos) e unha das especies que reciben o nome popular de piorno , Genista florida , que podemos encontrar en zonas demontaña. As xestas foron aproveitadas como leña. Enriquecen ademais os pasteiros que medran debaixo delas, debido á asociación que establecen con bacterias fixadoras de nitróxeno. A flexibilidade das súas pólas fixo que se utilizaran para atar os feixes no monte, a modo de cordas. Os seus ramos floridos son quizais o elemento máis característico do maio galego, malia que nas parroquias do concello de Vigo a tradición do ramo de maio ten escaso seguimento. Encontramos o topónimo Xestal repetido en tres lugares distintos da parroquia de Candeán: — — O Xestal (antiga superficie de cultivo, hoxe abandonada, situada no límite dos campos coas coutadas de A Verde , no Monte Pequeno). — — O Xestal (zona forestal próxima a cultivos, na Freiría). — — OXestal (terreo forestal próximo ao núcleo da Rabadeira. Aparece citado no Catastro de Ensenada como «Jiestal de Ravadeira»). Os tres topónimos están situados en zonas de transición entre as terras agrícolas e as forestais, onde as xestas adoitan medrar. Os xestais ocupan con frecuencia campos de cultivo abandonados, e tamén zonas de bosque aclaradas por efecto de cortas ou lumes. Xestaliño, O Xestaliño é un diminutivo de Xestal . En principio poderiamos pensar que se trata dun xestal pequeno ou de pouca extensión. Non obstante, vemos que O Xestaliño linda con O Xestal da Freiría. Estariamos, pois, diante dun caso semellante a O Tellado/O Telladiño , A Maleita/A Maleitiña etc. Cremos que este diminutivo non se refire aos vexetais en
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1