Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
111 T O P Ó N I M O S Viña É unha forma que encontramos en distintos lugares da parroquia. Ás veces estes topónimos conteñen o nome do propietario ou propietaria destas viñas: A Viña do Sesiño, A Viña da Couca ou A Viña do Cabezas . Outras veces, o do lugar onde se encontran: A Viña do Rachote, A Viña da Roza ou A Viña da Maleitiña . Noutros casos, incorporan algunha referencia á posición relativa dun viñedo (A Viña de Abaixo) ou a algún outro trazo, como pode ser a súa antigüidade. Temos así o topónimo A Viña Nova en Candeán, mentres na parroquia de Lavadores encontramos o seu complementario A Viña Vella (Sestay Martínez, 2010). No século xviii moitos núcleos rurais da parroquia de Candeán posuían viñas, que aparecen rexistradas no Catastro de Ensenada como «parras». No mesmo documento, aparecen tamén diversos topónimos que conteñen a palabra viña : «A Viña das Mozas», «A Viña de Candeán», «A Viña do Caeiro», «A Viña de Arriva», «A Leyra da Viña», «O Cocho da Viña» e «A Coutada da Viña». A palabra viña procede do latín vinea , que ten o mesmo significado (Navaza Blanco, 2007a). Este é o nome que recibe a planta chamada vide ou videira (Vitis vinifera) , mais tamén se denomina así o terreo onde está cultivada. O viño é unha bebida que xa era consumida por galaicos, ástures e cántabros na Idade de Ferro, tal e como deixou escrito o cronista romano Estrabón. Pero foi na Idade Media cando o cultivo da vide se estendeu pola Ribeira Sacra e outras áreas do territorio galego con influencia mediterránea, ou que presentan un clima suave con veráns relativamente secos e cálidos. Xestal, O Un xestal , do latín genestale (Navaza Blanco, 2006), é un conxunto de xestas ou xiestas , como tamén se coñece nalgunhas parroquias de Vigo estas plantas (forma análoga ao portugués «giesta»). Coa palabra xesta desígnase un conxunto de leguminosas leñosas de porte arbustivo sen espiñas, que presentan unha alta densidade de pólas moi flexibles e follas de pequeno tamaño. Están incluídas no xénero Cytisus , que conta con seis especies en Galiza. A de flores brancas, xesta branca (Cytisus multiflorus) , é difícil de encontrar no concello de Vigo, onde si
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1