Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 110 asentamentos foron edificados pinchando previamente os soutos, ou ben naquel tempo existían formacións de castiñeiros a carón das propias casas, como aínda se pode ver hoxe en día en moitas aldeas situadas en zonas montañosas de Galiza, como o caso da serra do Courel. Suasálbares Os topónimos que inclúen esta palabra vacilan entre as formas Suasálbares e Suasálbarez . As Suasálbares é o nome dunhas antigas terras de cultivo, onde agora se levantan varias vivendas. Xa aparecen citadas no Catastro de Ensenada, cando o lugar estaba ocupado por terras de regadío e monte. Sobre estes terreos encóntranse A Presa de Suasálbares e A Fonte das Suasálbares . Podería pensarse que estes topónimos derivan do apelido Álvares ou Álvarez, ‘fillo de Álvaro’, do antropónimo de orixe xermánica alvarus (Boullón Agrelo, 1999). Malia que a expresión «Baixo as Álvarez» non semella ter moito sentido. Porén, temos a fortuna de conservar diversas transcricións deste topónimo no Catastro de Ensenada, do ano 1753, que nos pode achegar algunha luz sobre a súa orixe. No histórico documento non aparece nunca a vogal ‘a’ da penúltima sílaba. A forma máis próxima é «Suasalbores» (ou «Suasalvores»). Pero, o que é máis importante, encontramos tamén as seguintes variantes: «Suas Arbores», «SuasArbores» e «Su as Arboles». Cremos, polo tanto, que se produciu a evolución: Su As Árbores > Su As Álbores > Su As Álbares >, Su As Álvarez. O significado deste topónimo sería, polo tanto, ‘baixo as árbores’, aludindo a un terreo que se localizaba baixo unhas árbores illadas ou nunha formación forestal. Nun primeiro momento o topónimo conservaría a forma latina (e galega) orixinal arbore . A mediados do século xx , tal como se pode observar na imaxe aérea do voo americano, aínda existía unha zona arborada próxima á fonte, nuns terreos que agora se encontran urbanizados. Subride Véxase o apartado Os primeiros núcleos de poboamento (capítulo 3).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1