Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
109 T O P Ó N I M O S Sobreiro, O Véxase Subride. Souto, O É un topónimo moi frecuente en Galiza que encontramos na estrema de Candeán, no lugar de O Souto (O Canto, Cabral), pero tamén dentro da propia parroquia: — — O Souto, O Camiño do Souto (no posible núcleo orixinal da Fonte Escura). — — O Souto ou Os Campos do Souto (en Subride de Arriba). — — O Río do Souto, A Presa do Río de Souto e O Camiño do Río do Souto (sobre Os Cocheiros, na Rabadeira). — — O Souto (a carón do núcleo tradicional da Freiría). Nalgún caso, vemos como este topónimo pasou a identificar unha persoa pola súa procedencia. É o caso da Casa de Carmen do Souto , no camiño de Gondomar. O topónimo «Río do Souto» ou «Río de Souto» xa se recolle no Catastro de Ensenada. Se retrocedemos ata os documentos galegos medievais en latín, os soutos son mencionados con moita frecuencia, e aparecen baixo diversas formas intermedias como salto e sauto , e tamén como a forma actual souto . Souto deriva do latín saltus , ‘terreo abrupto e boscoso’, termo que se contrapón con frecuencia a ager , ‘área cultivada’. En galego, a forma souto designa polo xeral un bosque de castiñeiros. O castiñeiro (Castanea sativa) é unha especie de carácter autóctono que foi plantada con frecuencia no pasado, polo gran valor que tivo para a supervivencia das comunidades rurais. Ademais de leña, madeira e outros produtos, o castiñeiro proporcionaba abondosas colleitas de castañas, alimento fundamental no rural galego que (despois de secadas) podían ser consumidas durante a maior parte do ano. Como proba da súa importancia, cando chegou de América a planta da pataca, recibiu entre outros o nome de castaña da terra . Chama a atención que entre os topónimos O Souto que recollemos en Candeán, dous deles estean situados practicamente dentro de dous núcleos rurais tradicionais, que xa estaban habitados a mediados do século xviii : A Freiría e A Fonte Escura . Deducimos que, ou ben eses
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1