Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 108 Salgueiriño temos, na mesma zona, A Fonte do Salgueiriño . O Salgueiriño é tamén o nome dunhas terras de labrado situadas baixo A Poba. Salgueiriño é diminutivo de salgueiro . Refírese a un salgueiro de pequeno tamaño que deu nome a esta zona. Véxase O Salgueiro. Salgueiro, O É o nome dun pequeno núcleo de Candeán, que no século xviii aínda permanecía deshabitado. O Catastro de Ensenada rexistra neste lugar terras de regadío e de secaño, así como superficies de monte e devesa. Vinculados co topónimo O Salgueiro encontramos tamén A Fonte do Salgueiro , Os Campos do Salgueiro (ou simplemente Os Campos ) e O Camiño do Salgueiro . Volvemos encontrar este topónimo na banda intermedia de coutadas, que se sitúa entre o núcleo de Erminde e o monte comunal do Vixiador, onde recollemos as formas O Salgueiro e As Coutadas do Salgueiro . Salgueiro é o nome que reciben en Galiza diversas árbores e arbustos do xénero Salix , e está presente en Candeán a especie Salix atrocinerea , común en zonas húmidas e beiras de ríos. A gran capacidade de dispersión desta árbore (os exemplares femininos producen numerosas sementes voadoras) e o seu carácter de especie pioneira fan que conquiste con asombrosa facilidade terreos alterados, como poden ser os noiros das autoestradas e as vías de ferrocarril. Do mesmo xénero é a especie Salix viminalis , enxertada con frecuencia sobre un patrón autóctono de salgueiro; mais esta ten nome de seu: vime ou vimbio . A voz orixinal galega salicariu componse dunha raíz latina salix (denominación xenérica deste grupo de especies) mais o sufixo - ariu . Este tipo de terminacións en - eiro e - eira para as palabras de raíz latina que designan unha planta son características do galego, que a diferenza doutras linguas romances non conserva a forma simple da que proceden (Navaza Blanco, 2006: 559). Neste topónimo, ademais, vemos que o nome da árbore figura como substantivo, non como adxectivo. Pensamos polo tanto que tivo a súa orixe nun salgueiro en particular que, por constituír naqueles tempos un fito paisaxístico, deu nome ao lugar.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1