Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

107 T O P Ó N I M O S repoboación, os piñeiros bravo e manso deberon ser dúas especies moi escasas, minoritarias fronte a carballos e outras árbores caducifolias, que estaban confinados en zonas litorais. O piñeiro silvestre, pola súa parte, refuxiouse en zonas de montaña, onde as condicións ambientais aínda eran semellantes ás que existían durante os períodos glaciares. Non é de estrañar, pois, que séculos atrás un exemplar illado ou un pequeno rodal de piñeiros constituíran un punto de referencia na paisaxe, incorporándose á toponimia local. As repoboacións de piñeiros bravos que se realizaron a partir do século xviii , con semente procedente posiblemente do norte de Portugal, estenderon os piñeirais máis alá da súa área de distribución natural, contribuíndo á regresión das masas de árbores frondosas autóctonas. As primeiras plantacións realizáronse no Baixo Miño e na Alta Limia por parte dos mesmos propietarios e espalláronse a continuación a través das zonas litorais. Naquel entón a madeira de piñeiro tiña moita demanda na industria da salgadura, xa que se utilizaba na elaboración de caixas para o peixe. Pero foi sobre todo nos anos cincuenta do século xx cando, baixo un réxime ditatorial, as autoridades transformaron os montes comunais en extensos monocultivos de piñeiro e eucalipto. Isto provocou a crise do sistema agrogandeiro tradicional, que tiña no monte un complemento imprescindible. O Piñeiro é un topónimo que aparece nun único punto da parroquia de Candeán, situado sobre A Freiría, e cítase no Catastro de Ensenada. Deu pé a varios topónimos relacionados, como O Piñeiro (ou Os Piñeiros ), As Coutadas do Piñeiro , As Pozas do Piñeiro , A Fonte do Piñeiro e A Casa de María do Piñeiro . Salgueiriño, O Segundo algúns informantes, este sería o nome dun pequeno agrupamento de vivendas que existe na parte superior do camiño de Gondomar, composto inicialmente por tres casas antigas. Este poboamento é recoñecible na imaxe aérea do voo americano dos anos 1956 e 1957, pero, no entanto, non aparece mencionado no Catastro de Ensenada. É posible que naquela altura eses terreos non foran aínda edificados, ou que as vivendas existentes estiveran incluídas nalgún topónimo que caeu en desuso co paso do tempo, como podería ser Tras do Pazo ou Candeán de Abaixo . Como topónimo derivado de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1