Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 104 É coñecida a tendencia da lingua galega a bautizar con nomes femininos as árbores froiteiras, en contraposición coas forestais ou silvestres, que producen con frecuencia froitos de menor tamaño moito menos apreciados, e reciben neste caso denominacións masculinas. Cremos que o topónimo A Pereira (en plural As Pereiras ), que dá nome a estas terras cultivadas da parroquia de Candeán, refírese ás pereiras cultivadas. Pereiriña, A Os topónimos A Pereiriña , As Pereiriñas e O Camiño da Pereiriña están situados entre A Igrexa e A Goleta, nunha superficie agrícola próxima a un regato que ten o seu nacemento na Fonte do Carballiño . Pereiriña é diminutivo de Pereira ; alude posiblemente a unha pequena pereira cultivada que existiría no pasado neste lugar. Véxase Pereira. Pereiro, O Zona de cultivo situada ao norte da Rabadeira. Como está composta por varias leiras paralelas, recibe tamén a denominación en plural Os Pereiros . Aparece rexistrado no Catastro de Ensenada como «Pereiro» e «Cocho do Pereiro». Pereiro é un dos nomes galegos da pereira brava atlántica ou cagoteiro (Pyrus cordata) , pequena árbore autóctona que produce como froito unha periña silvestre denominada pero ou perucho . Úsase como patrón para enxertar variedades cultivadas de pereira. É confundida con frecuencia co estripeiro (Crataegus monogyna) , pero este presenta as follas lobuladas e uns froitos case que globosos, vermellos na madurez. Véxase A Pereira. Pinal É un derivado do substantivo singular pino , ao que se engadiu un sufixo colectivo - al . Designa unha ‘plantación de piñeiros’. Como veremos na entrada seguinte, durante o século xviii a forma castelán pino substituíu na fala popular a galega piñeiro (véxase O Pino ).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1