Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

103 T O P Ó N I M O S Balaídos, tomadas nos anos vinte do século pasado. Por outro lado, o topónimo Os Olmos repítese en distintos lugares do concello de Vigo, polo que as árbores que lle deron nome deberon ser bastante comúns. A confusión entre estas especies semella que vén de lonxe. Así, Juan Cuveiro Piñol, no ano 1876, proporcionaba a seguinte definición da palabra olmo (Cuveiro Piñol, 1876): ‘Árbol que crece hasta la altura de treinta piés, de tronco recto, hojas acorazonadas y de un hermoso verde, flores y frutos en pequeños racimos, que se caen al nacer las hojas: su madera es fuerte, sólida y fácil de labrar y comun en sitios y paseos públicos. Ulmus campestris’. A descrición non se corresponde con ningún dos olmos que temos en Galiza, que non teñen o tronco recto nin as follas cordiformes; pero si se aproxima bastante á do chopo negro, de porte columnar e follas triangulares ou romboides. No leste de Lugo (Castro de Rei, Pedrafita do Cebreiro) o chopo recibe o nome de olmo (Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués; Acosta, 1970:27 e Rielo, 1971: 321), e nós mesmos escoitamos esta mesma voz no veciño concello de Nigrán. Pereira, A Topónimo que se repite en dúas zonas distintas da parroquia de Candeán: — — As Pereiras , As Pereiras do Río , As Pereiras de Abaixo , As Pereiras de Arriba , O Peirao das Pereiras (na Parachán). — — As Pereiras (na Rabadeira). Trátase en ambos os casos de terras de cultivo, que xa aparecen rexistradas como tales no Catastro de Ensenada. Pereira é o nome popular da coñecida árbore froiteira de nome científico Pyrus communis , cultivada polo seu froito: a pera. Deriva do latín piraria (Navaza Blanco, 2007a: 106). A pereira brava atlántica ( Pyrus cordata ) habita porén en espazos forestais (carballeiras pouco densas, orlas de bosques etc.). Noméase na comarca como pereiro e perucheiro, e máis frecuentemente como estripeiro . O pereiro é unha especie silvestre que produce uns froitos de pequeno tamaño coñecidos como peros ou peruchos . Está estreitamente emparentado coa pereira cultivada, enxertada con frecuencia sobre o patrón da especie silvestre. A palabra estripeiro dá lugar a frecuentes equívocos, pois realmente este é o nome doutro arbusto espiñento, de aparencia semellante, de nome científico Crataegus monogyna .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1