Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 102 do rural vigués pronúnciase con seseo. Existen en Galiza numerosos nomes de lugar nos que aparece a forma nogueira , pero a variante noceira non deixou polo contrario ningunha pegada no rexistro toponímico. Esta sería unha proba da súa recente aparición, derivada directamente do nome do froito, a noz . Olmos, Os Topónimo que se repite en tres localizacións distintas: — — Os Olmos (preto da Balanciña, Subride). — — Os Olmos (baixo a Fonte do Leria, no Monte Pequeno). — — A Presa dos Olmos (próxima á Presa da Pontecela, na Poba). O Catastro de Ensenada recolle ademais o topónimo «Cocho dos Olmos». Olmo , ulmeiro e lamagueiro son denominacións galegas de dúas das tres especies de árbores ulmáceas que existen no noso territorio. A terceira sería o lodoeiro ou lidueiro (Celtis australis) , que presenta unhas follas máis alongadas. A palabra olmo foi considerada un castelanismo; porén, aparece rexistrada en textos medievais do século xiii , polo que actualmente está aceptada como forma patrimonial (Navaza Blanco, 2006). Ulmus glabra é un olmo que se distribúe preferentemente polo norte de Galiza e zonas montañosas. Non se encontra nas proximidades de Vigo como especie silvestre; a poboación máis próxima é un pequeno rodal relicto que existe na serra do Suído. Pola súa parte, Ulmus minor aparece naturalizado nas áreas máis mediterráneas de Galiza, onde recibe o nome castelán de negrillo . Non observamos que medre de maneira espontánea no concello de Vigo, pero si nas ribeiras do río Louro (en moi escaso número), no concello de Mos. Sospeitamos que a palabra olmo non se refire en realidade a ningunha destas dúas especies pertencentes á familia das ulmáceas, senón ao choupo negro (Populus nigra) , unha salicácea. Xa dixemos que en Vigo non se observan olmos de maneira natural, polo que é difícil velos plantados nos espazos agrícolas ou nas beiras dos ríos que atravesan as parroquias. Non é este o caso do chopo negro, que aparece con relativa frecuencia nas marxes do río Lagares e nalgúns dos seus afluentes; exemplares que superan en ocasións o metro de diámetro á altura do peito, o que dá unha idea da súa idade. Temos observado o porte columnar característico desta árbore en fotografías antigas de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1