Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 100 Maceiriña, A Maceiriña é o diminutivo de maceira . Podería referirse a maceiras de pequeno tamaño, que darían nome a estes lugares. No entanto, dous topónimos que presentan esta forma están situados precisamente nas inmediacións da Maceira (Tras do Paso). Sospeitamos que, neste caso, podería tratarse en orixe dunha parcela incluída dentro dun topónimo maior A Maceira , que adoptou o nome de Maceiriña debido quizais á súa menor superficie, en relación con outros predios próximos. Observamos este fenómeno noutros topónimos da parroquia, como A Maleita/A Maleitiña e A Costeira/A Costiña . Encontramos este topónimo no lugar de A Maceiriña (Cabral), situado sobre Os Campos de San Cristovo . Tamén en Candeán, a carón da Maceira, onde foron recollidos os topónimos A Presa da Maceiriña e A Mina da Maceiriña . Millada, A Reciben o nome Millada tres superficies agrícolas na parroquia de Candeán: — — A Millada (na Esqueiriña). — — A Millada (na Freiría). — — A Millada (na Igrexa). A palabra millada deriva de millo , voz que provén á súa vez do latín miliu ‘moído’. As sementes da planta orixinal do millo moíanse e a fariña resultante consumíase en forma de papas de leite, ou ben mesturábase con outras fariñas para elaborar pan (Torres Martínez: 2005: 225). O cereal que recibiu nun primeiro momento o nome de millo era unha gramínea extensamente cultivada en Galiza desde os inicios do período castrexo e posteriormente, durante as idades Media e Moderna (Vázquez Varela, 1993-1994), de nome científico Panicum miliaceum . A partir da chegada desde América da especie Zea mays , de maior tamaño e grans máis grosos, a acabada de chegar adoptou o nome da especie autóctona, coa que garda un certo parecido. Ademais, substituíu gradualmente a primeira, que ficou relegada a un cultivo marxinal destinado á produción de alimento para as aves. A especie americana adquiriu a denominación de millo ou millo groso , mentres que o millo autóctono, para evitar confusións, pasou a chamarse millo miúdo , debido ao menor tamaño dos seus froitos.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1