Toponimia do Val do Fragoso - Candeán

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 98 loureiro mais un sufixo - ale ) (Navaza Blanco, 2006: 324), pensamos que neste caso se trataría dun derivado da variante ‘laureiro’, próxima ao latín laurus , moi común en textos medievais. Esta forma recóllese tamén na fala actual (Losada, Castro e Niño, 1992), malia que neste caso se trata dun castelanismo inducido pola forma laurel . Aínda que este topónimo semella ter perdido unha das vogais iniciais, podemos rastrexar a súa forma orixinal no Catastro de Ensenada. Neste texto aparece documentada a forma actual «Lareiral», mais tamén as variantes «Loreiral», «Layreiral» e «Louriral», nomes que conservarían o ditongo lau / lou . Temos que advertir non obstante que a redución au > a resulta insólita en galego, polo que non podemos desbotar que o topónimo Lareiral presente unha etimoloxía distinta. O Lareiral ao que se refire este topónimo sería en principio (en ausencia dunha etimoloxía alternativa) unha zona abrigada onde abundarían os loureiros, que poderían presentarse en forma de sebe (ocupando nese caso os valados e as estremas das fincas), ou ben mesturados de maneira natural con carballos. Véxase Loureiro. Loureiro Área forestal que comprende monte comunal e propiedades particulares ou coutadas. O Catastro de Ensenada documenta con este nome unha extensa zona de monte «comun deesta parroquia» denominada «O Loureiro» ou «Chan de Loureiro», que presentaba unha extensión de 3000 ferrados (unhas 150 hectáreas), dos cales 1000 eran considerados como «inútiles» (sic). A superficie era de tales dimensións que en realidade debía incluír moitos outros topónimos que non aparecen indicados neste documento. Este monte é atravesado por unha pequena corrente de auga, O Río do Loureiro , que formaba nas súas marxes unha zona húmida coñecida como As Lagoas do Loureiro . Os topónimos recollidos no traballo de campo que inclúen a palabra loureiro son: — — O Loureiro , A Chan de Loureiro , A Lagoa do Loureiro , As Coutadas do Loureiro (chamadas tamén As Coutadas das Lagoas do Loureiro ou As Coutadas do Río Loureiro ) e O Río Loureiro . — — O Loureiro (campo situado baixo Erminde).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1