Toponimia do Val do Fragoso - Candeán
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : c a n d e á n 8 A información que conteñen só resulta comparable coa que nos proporciona a arqueoloxía no ámbito da historia ou a paleontoloxía no da evolución. A elaboración do Mapa toponímico de Candeán nos anos 2012 e 2013 proporcionounos 1715 topónimos . Este abondoso material ofrécenos a posibilidade de indagar en moi diversos aspectos da vida de xeracións e xeracións de habitantes desta parroquia: o territorio que habitaban, os animais cos que convivían, a vexetación que cultivaban ou que medraba de maneira espontánea en campos e montes, o modo en que transformaban os hábitats naturais, como xestionaban as augas, onde residían e que elementos de arquitectura popular creaban, as vías de comunicación que transitaban, a estrutura da súa sociedade e as relacións que establecían entre os seus membros, a transformación das materias primas e as actividades económicas, a historia, a relixión, as lendas populares… As fontes bibliográficas consultadas revelaron a existencia dunha continuidadenun importantenúmerode topónimos, que apenas variaron ao longo dos últimos 263 anos. No caso dos que si experimentaron modificacións, proporciónannos unha información moi valiosa sobre a súa evolución, que nos axudan a desentrañar algunhas etimoloxías dubidosas. O Catastro do Marqués de Ensenada, en particular, achéganos unha información fundamental sobre os nomes da terra, os cultivos, o hábitat humano e a economía do Candeán do século xviii . A preocupación pola conservación da toponimia local, así como por rexistrar os diferentes aspectos dunha sociedade agraria que estaba a esmorecer (o patrimonio etnográfico material, os modos de produción e os oficios, a relixión, a historia local, os ritos máxicos, as lendas de tradición oral etc.) levaron a redactar no ano 2000 o libro Candeán, memorias dunha parroquia do autor Xerardo Dasairas Valsa (2000). A información contida nesta obra cobra un especial valor dezaseis anos despois, cando a lembranza dos tempos que aquí se retratan está cada vez máis esvaída. Agardamos que este traballo contribúa a que se coñeza un pouco máis a parroquia de Candeán a través da súa toponimia. Non como unha obra rematada, senón como un convite a pescudar e a investigar sobre os distintos significados que se ocultan detrás dos nomes da terra. A toponimia, como outras manifestacións daquilo que denominamos patrimonio inmaterial, constitúe unha parte fundamental do patrimonio
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1