Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 96 O xeito máis sinxelo de atopar A Pedra da Besta de Bembrive, no San Cibrán, é entrar pola pista da Fraga dende a estrada das Plantas, á altura do campo de fútbol, e percorrer uns novecentos metros por ela. Distinguirémola, sen dubida, á man esquerda, pouco antes de chegar á Coutada das Señoras, dende a que parte o desvío, á man dereita, para baixar ata As Valadiñas. besta Pedra da Moura, A Mouro podería proceder do latín maurus ̔de cor escura’, malia que hai autores como Benozzo que supoñen unha orixe céltica, co sig- nificado de ‘morto’ ou ‘ser sobrenatural’. Mouros e mouras son, na mitoloxía popular, os poboadores prehistóricos da nosa terra, polo que é habitual que apareza o seu nome asociado a topónimos que deno- minan restos megalíticos ou outros vestixios arqueolóxicos, tal como afirma Navaza na Toponimia de Catoira (2007a: 81). Concíbense xe- ralmente como gardiáns de grandes tesouros, aos que resulta sempre imposible acceder. Na Pedra da Moura (A Pereiriña) na actualidade só
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==