Toponimia do Val do Fragoso
95 A Terra Cabalaria Pedra da Besta, A Besta é unha palabra que procede do latín bestia e que se utiliza para designar os équidos domésticos empregados para a carga e o transpor- te, ademais de ter o significado xenérico ‘calquera animal’. Pero non podemos esquecer que temos tamén o termo bésta (realizado con – e – aberto), que designa a ‘arma semellante a un arco, pero de tiro máis preciso e potente que serve para lanzar frechas’, aínda que en ocasións actúa tamén como sinónimo de catapulta . Neste caso procedería do latín bal ( l ) ista . O máis probable é que o nome respondese á forma que no seu momento tiña a rocha e que semellaba unha besta ou ben unha bésta (neste caso, cando se perdeu conciencia do significado teríase alterado en besta (con – e – pechado). Había tamén (descoñecemos se segue existindo) unha Pedra da Besta; en realidade «Pedra do Cerro da Besta» na veciña parroquia de Cabral que marcaba a estrema coa de Vi- lar de Infesta, segundo recollía o Catastro de Ensenada desa parroquia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==