Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 94 AS PEDRAS CON NOME DE SEU Para non crear unha entrada específica para cada un dos casos, re- collemos baixo este epígrafe todos os nomes de pedras que consegui- mos recoller na parroquia. Calquera pedra destacada na paisaxe, ben polo seu tamaño, a súa forma, a súa situación, etc., é susceptible de ser empregada como referencia para localizar unha posición, marcar unha estrema ou simplemente para orientarse, o que levará a que sexa nomeada para poder referirse a ela. Noutros casos o nome dáselle sim- plemente porque é un lugar empregado para o xogo ou porque a súa forma esperta a imaxinación e créanse lendas asociadas a ela. Pedra Cabalaria, A (O San Cibrán) O nome fai referencia á existencia dunha pedra encabalgada , mon- tada enriba doutra. É un derivado de cabalo (lat. C aballu ) . A termina- ción –aria pon de manifesto que cabalaria non é palabra patrimonial. Pode ser que esteamos ante a alteración dun antigo A Pedra Cabalar . Existe unha discrepancia respecto á situación deste topónimo, aínda que sabemos que está no San Cibrán. Por unha banda, hai quen afirma que A Pedra Cabalaria , lugar que recorda por ter ido a cachar toxo, se atopa preto do Mercantil, na extrema con Cela, alí onde hai unhas pedras encabalgadas. Corresponderíase este lugar co que recollemos como O Coto da Madorra. Pero hai quen 34 a sitúa esta, nunha zona que vén dada pola presenza dun complexo pétreo formado por un gran pe- nedo disposto enriba doutro (en realidade, unha antiga masa granítica única fendida transversalmente por efecto da erosión), na estrema con Beade, uns metros máis abaixo das antenas de telefonía. Dise que nesta pedra había unha caixa do correo onde a xente deixaba mensaxes. Por extensión, recibe o nome de A Pedra Cabalaria non só a propia pedra, senón a zona do monte onde se atopa situada. No Catastro de Ensena- da «A Cavalaria» aparece catalogado como monte común. 34 Coincide ademais co topónimo A Pedra Cabalaria recollido na parroquia de Beade ( Toponimia de Beade ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==