Toponimia do Val do Fragoso

93 A Terra A parte, á man dereita da rúa do Carballal, poucos metros antes de chegar á subida ás Cunchadas e ao camiño de Cerdeiró, denomínase O Camiño da Pedrosa. O tramo final deste que é en costa e que baixa dende as últimas casas do lugar ata o río recibe o nome de A Costa da Pedrosa . Tamén na Pedrosa localizamos A Fonte da Pedrosa, famosa por ter augas moi boas, que polo aspecto das pedras sobre as que cae o chorro ben poderían ser ferruxinosas. Está situada ao final do sendeiro que atopamos no comezo do camiño de Cerdeiró, case fronte ao cami- ño das Cunchadas, entre A do Galo e A Pereiriña. Na marxe dereita do río de Eifonso, aquí O Río da Pedrosa (lem- bra unha veciña que a súa nai viña buscar auga a el dende A Cruz en baldes de madeira), atopamos O Muíño da Pedrosa, uns douscentos metros arriba da ponte do mesmo nome, aos pés do alto onde se atopa O Muíño do Buraco. É un muíño de cubo que neste caso, ao contrario doutros como o do Pouso ou o das Crebadas, está feito de cachotería, ao igual que as paredes, agás o recercado da porta, que é de perpiaño. A canle, feita de lousas de pedra, está elevada sobre un muro feito tamén de cachotería, duns quince metros de longo. Este muíño foi restaurado hai uns anos, e ademais de ser un dos atractivos do sendei- ro do Eifonso, foi empregado con fins didácticos, especialmente polo CEIP da Chan, que ten celebrado nel algunha muiñada. No Libro de afanegados (1846) temos referencia xa ao «molino da Pedrosa», polo que sabemos que cando menos conta con máis de século e medio de existencia. Ao final da Costa da Pedrosa hai unha pontella, A Ponte da Pedrosa, que permite cruzar o río de Eifonso (O Río da Pedrosa). A Presa da Pedrosa identifica dúas presas diferentes: a primeira, relativa- mente grande (uns dez metros de longo e catro de ancho) e actualmen- te feita de cemento, atopámola ao tomar a entrada á man esquerda que aparece ao comezar a baixar polo camiño da Pedrosa; a outra, coñecida tamén como A Presa do Río , está xusto por debaixo da Fonte da Pedrosa. Situado fronte ao lugar da Pedrosa, do outro lado do río, está O Monte da Pedrosa . En dezaseis ocasións aparece o topónimo A Pedrosa no Catastro de Ensenada , en dúas delas como lugar de habitación e unha máis como nome dunha propiedade de Cathalina de Parada no monte común. Hai tamén unha propiedade chamada Cochiño da Pedrosa , topónimo que xa non rexistramos na actualidade e que igualmente aparecía no Libro de afanegados .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==