Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 92 marxes do devandito rego, chegando á pista das Valadiñas, un peque- niño bosque de ribeira con algún salgueiro e bidueiro e tamén castiñei- ros e carballos, un deles de fermoso porte. Hai ademais un elemento moi interesante nesta zona; subindo dende a pista das Valadiñas polo camiño que parte á dereita do rego, poucos metros ladeira arriba e á esquerda do camiño, podemos observar unha pedra, dun par de metros de ancho, coa forma clara de tres chanzos de escaleira. Xusto na estrema con Bembrive localizamos outra A Pedreira, que pertence realmente á veciña parroquia de Sárdoma. É o nome co que aparece nas escrituras («Pedreira, barrio de Lameiro») o coñecido ac- tualmente como O Lugar do Merrello (–> As casas e lugares). Aquí había, no portal da casa máis antiga, un gran penedo. Pedreira é un topónimo que non aparece no Catastro de Ensenada e faino tan só nunha ocasión no Libro de afanegados, en referencia a unha propiedade na Gandariña, Lavadores: «Taboada o Pedreira en la Gandariña». Pedriñas, As Probablemente en pedriña estamos ante o diminutivo de pedra (< lat. petra ), aínda que noutros casos pode proceder do adxectivo latino petrinea (feminino de petrineus ‘ de pedra’ ). As Pedriñas, en Xestoso, son a coutada por riba dos Campos da Veiga, ás que se chegaba baixando pola pista que parte do Camiño do Pouso fronte á Fonte da Regueiriña. Pedrosa Ó igual que pedreira , pedrosa tamén expresa abundancia a partir de pedra (< petra ) , neste caso formado a partir do sufixo –osa . A Pedrosa, lugar do barrio do Carballal situado por debaixo do final da rúa do Carballal e comezo do camiño de Cerdeiró, abrangue as ca- sas e terras situadas a unha banda e outra da metade inferior do camiño da Pedrosa, e as situadas entre este e o rego que baixa dende a fonte da Pedrosa. En troques deste topónimo alusivo á composición do terreo, este lugar ben podería ter recibido o nome de A Cova, ou A Buraca se atendemos á súa orografía. Aos seus pés, fortemente encaixado, disco- rre o río de Eifonso.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==