Toponimia do Val do Fragoso
91 A Terra artigo, pechado en e – ( Espedrás ). As Pedrás é a forma empregada maio- ritariamente pola veciñanza, recollémola vinte veces, fronte ás dúas As Pedrases, unha As Pedras e as tres ocasións en que o topónimo foi referido como Espedrás , unha delas con artigo As Espedrás , malia que non podemos saber se o emprego desta forma é tradicional para as in- formantes ou se debe á influencia dos rótulos do camiño. No barrio do Outeiro atopamos As Pedrás , lugar situado na súa aba nordeste, aos pés das Cerdeiras. Esténdese dende o Lavadouro da Fame cara ao nordeste 33 , ata abranguer as casas e terreos situados a un lado e outro da chamada Rúa Espedrás ( Rúa das Pedrás ) no tramo que entra dende a estrada de Bembrive (fronte á SCDR Helios) ata o que era o Camiño das Costas , agora da Ribeira. Entrando polo camiño da Fame, pouco máis adiante do lavadoiro do mesmo nome temos á man dereita esta pequena presa chamada A Presa das Pedrás . O Camiño das Pedrás sería a forma correcta da chamada na actualidade rúa Espedrás. No Catastro de Ensenada é abundante a presenza do topónimo As Pedras e Pedrás no Libro de afanegados , mentres a forma Espedrás non aparece en ningunha ocasión, o que reforza a hipótese da súa recente creación. Atendendo, polo tanto, aos documentos históricos e ao pro- pio uso vivo, a forma recomendada para o lugar e o propio camiño sería As Pedrás e camiño das Pedrás. Pedreira, A É un abundancial de pedra , formado a partir de petra co sufixo – aria , que dá en galego –eira. Emprégase para nomear os lugares de onde se extrae pedra ou onde, en último termo, este elemento é abundante. Zona de monte situada por riba da Presa do Chapello, entre A Chan da Cruz ao norte e A Espiñeira ao sur, atravesada polo rego que baixa da Lagoa (pequena charca por debaixo dos viveiros Adoa, ao outro lado da estrada). Dentro da Pedreira diferenciábase entre A Pedreira de Abaixo , xusto por riba da presa, contra a pista das Valadiñas, e A Pe- dreira de Arriba , por riba dela. Lembra un veciño do San Cibrán como de novo ía á Pedreira sachar o toxo mentres atendía os animais que tiña alí a pacer; ovellas, bois, cabras e vacas. Na actualidade xa non hai toxo, nun medio dominado polo piñeiro, pero si podemos atopar, nas 33 O lavadoiro quedou separado do que é o lugar da Fame pola rúa da Cruz.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==