Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 90 Da Mina do Areeiro (O Areeiro) partía un rego de auga que baixaba cara ao Meixoeiro. Estaba no lugar que agora ocupa o CIFP Manuel Antonio, polo tanto, en terreos pertencentes a Lavadores. Pedra, A / Pedras, As / Pedrás, As Procede do latín petra ‘rocha’. O substantivo pedra e os seus deri- vados teñen tamén unha gran presenza na toponimia galega. De feito, no Nomenclátor de Galicia figuran máis de cincocentas entidades de poboación que teñen o substantivo pedra ou un derivado seu no seu nome, sen contar as variantes con pero – ou pera –. No caso da topo- nimia menor, da que Bembrive é un exemplo, a súa riqueza tamén é destacable. No barrio de Baruxáns, a forma do topónimo en singular e en plural designan terreos diferentes. A Pedra é o lugar que se estende dende a rotonda do Toutizo ata Segade, marcando a estrema con este barrio; e As Pedras son un pequeno terreo aos pés do lugar de Filomena a Camiñada, que corresponde á casa que está, á man dereita, entre as dúas curvas que describe a rúa de Xeme uns metros despois de partir do Cacheno. O topónimo A Pedra , en singular, non aparece no Catastro de Ense- nada pero si no Libro de afanegados , en que figura ademais como lugar de habitación de cando menos tres familias e que presumiblemente coincide, atendendo aos outros topónimos que o acompañan, co de Baruxáns. A Cruz de Pedra, no San Cibrán, designa un terreo no monte, por riba da Pedra da Besta. En Xestoso, recibe o nome de A Regada das Pedras a coutada situa- da por riba do grupo de casas de Esparramán. Trátase dun conxunto de leiras situadas a continuación, cara ao norte, das da Regada, por debaixo do lugar das casas que dan á rúa de Xestoso, aproximadamente entre os números 51 e 57 e que se estenden cara a abaixo, ao oeste, ata o valado que as separa do Xalón. Pedrás ha de ser un plural de pedral , que corresponden ao latín petrale , colectivo de petra ‘pedra’. Co tempo, podemos presumir que se deixou de interpretar o –ás como plural de – al e iso levou a que se creasen novos morfemas de plural. Así apareceron formas como Pedra- ses (ao igual que Carballases en Beade) ou outras en que se soldou o
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==