Toponimia do Val do Fragoso

89 A Terra realidade a un lugar da parroquia de Lavadores que está situado aos pés do hospital, na ladeira setentrional deste monte, tal como recolle Iván Sestay na Toponimia de Lavadores (2010: 119). Abrangue tamén O Areeiro os terreos onde se sitúa a residencia da terceira idade da Xunta de Galicia e esténdese ata os terreos ocupados na actualidade polo tanatorio Vigo Memorial. Aquí, antigamente estivo situado un pol- vorín (‘depósito ou lugar onde se garda a pólvora e as municións’), polo que esta zona é coñecida por ese nome (O Polvorín), castelanismo por Polvoreira . Ademais do Crasto de Xestoso, Bembrive posúe outro castro situado aquí, no Areeiro. Atópase a uns cen metros en liña recta da punta máis ao sur, seguindo esa mesma dirección, da residencia asistida de maiores da Xunta, aos pés dunha casa e un enterramento contiguo empregado como aparcadoiro. O castro, situado a unha alti- tude de douscentos trinta e cinco metros sobre o nivel do mar, adscrito á idade de ferro–época romana, descríbese no catálogo do patrimonio do Concello de Vigo do seguinte xeito: Castro en ladeira que presenta un recinto superior con planta de forma cardioi- de, rodeado de terrapléns (de 4 a 10 m sobre a base) en todo o seu perímetro salvo no sector nordeste, que está alterado pola construción dunha vivenda. Conserva restos da muralla de pedra nos sectores W/WS e leste. Tamén, cara ó norte, se observan a muralla –aparentemente de terra– e, a un nivel inferior, un foxo con parapeto e un segundo foxo de menor entidade que o primeiro; o pa- rapeto do foxo está interrompido, podendo ser por este sector o acceso ó castro. No NE aparecen restos do foxo que puidera corresponderse co da cara norte. No catálogo de elementos protexidos recollido na memoria do PXOM actualmente vixente, considerábase o seu estado de conserva- ción «malo» e recollíanse como medidas necesarias a «limpeza e acon- dicionamento do castro e o seu contorno». Na actualidade a cuberta de vexetación impide a súa observación e tampouco existe ningunha sinalización da súa presenza. Ao contrario que A Areeira , O Areiro non aparece no Catastro de En- senada , pero si na escritura dun foro do ano 1723 do «labradio y monte que se dize do arieyro [...] que demarca de la parte del Naziente y norte con Estrada Real, que viene de la Villa de Vigo y pasa enderechura a la de puente areas del vendabal... y del poniente con Monte Común». Como vemos, o documento fai referencia á presenza da estrada Real coñecida agora neste tramo como a baixada ao Castelo e á condición xa naqueles momentos do Areeiro como monte común.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==