Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 88 Areeira, A Procedentes do latín arena , nome dado á area empregada no circo (–> Xabre). Os topónimos formados a partir desta voz e os seus deri- vados son moi frecuentes na toponimia galega: Arnela , Areas , Areosa ou Areeiro . Como é evidente, adoitan designar terreos formados por partículas de materiais de tamaño reducido, pero maior que o limo e a arxila. Areeira/ –o deriva de area mediante o sufixo – eira ou – eiro . Ademais de estarmos nunha zona con abundante area no solo, estes to- pónimos poden facer referencia tamén ao lugar onde se extrae. Porén, non podemos esquecer que areira é un dos nomes comúns da planta rubideira Hedera helix , coñecida tamén como hedra ou adreira . Terreos situados na marxe esquerda do río da Ponte, xusto na beira oposta ao edificio da SCDR Helios na súa cara leste. Posto que o río é a división natural entre os barrios do Mosteiro e O Outeiro, A Areeira pertencería xa a este último. Se pola estrada de Bembrive nos diriximos cara a Beade, A Areeira de Abaixo son os terreos que nos quedan á man dereita logo de cruzar o río da Ponte e A Areeira de Arriba os que temos á man esquerda, uns metros antes de chegar á rúa da Cruz. Tanto no Catastro de Ensenada como no Libro de afanegados non aparece o topónimo Areeira , pero si «A Areira», ligado aos lugares de Mourelle e O Outeiro, polo que podiamos estar ante o mesmo lugar ao que nos estamos a referir. Neste caso, gaña forza a hipótese de que proceda do latín hederaria (> areira ) e, polo tanto, o topónimo estaría motivado pola abundancia de hedra. A duplicación do – e – sería poste- rior, debida á confusión co termo area . En calquera caso, o topónimo «A Areira» do Catastro de Ensenada tamén podería ser un erro gráfico por A Areeira. Areeiro, O (Segade) Na fala disimílase o – e – e resulta a forma O Arieiro, a máis escoita- da. Agora ben, na escrita aconséllase o uso de O Areeiro por ser á máis fiel á etimoloxía da palabra, da que neste caso non hai dúbida, procede do latín arena . Pode deberse, polo tanto, a súa presenza ao feito de es- tarmos nun terreo moi areento ou onde se extraía area. Na parte máis alta da Parrocha, O Areeiro é o monte onde se cons- truíu o hospital do Meixoeiro. O topónimo Meixoeiro corresponde en

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==