Toponimia do Val do Fragoso
L i m i a r 7 Limiar 1 O presente volume, dedicado á parroquia de Bembrive, continúa a colección Toponimia do Val de Fragoso iniciada no ano 2008 coa publicación do libro Toponimia de Coia ; nun intento por recuperar, valorizar e divulgar a toponimia de Vigo. Neste caso, á iniciativa impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo sumouse a Entidade Local Menor de Bembrive, ao entender a importancia que para un pobo, neste caso no ámbito parroquial, ten coñecer o seu propio territorio e poder nomealo. Conta da importancia da toponimia dan as palabras escritas por Gonzalo Navaza na presentación desta colección: Os nomes de lugar son parte esencial do patrimonio cultural dunha comunida- de. Constitúen un manto civilizador que foi tecéndose ao longo dos séculos e que chega ata hoxe como herdanza transmitida de xeración en xeración. Algúns dos fíos deste tecido teñen orixe na prehistoria, se cadra nos remotísimos tem- pos en que por primeira vez a especie humana alcanzou estas áreas dos confíns atlánticos. Outros foron creándose ao longo do tempo e son hoxe memoria de modos de vida do pasado, da orografía, da flora, da fauna... da relación da xente coa paisaxe a través da historia. Pero nos últimos tempos, tanto esa íntima relación coa paisaxe como a transmisión interxeracional de coñecementos foise rompendo, dando lugar a xeracións novas totalmente descoñecedoras do seu pasado e da súa contorna. Unha perda que pode ser reversible só en certa medida e nun curto espazo de tempo: o que nos queda antes da desaparición das últimas veciñas e veciños que gardan na súa memoria a paisaxe toponímica da parroquia e todas as lendas, tradicións e coñecementos asociados a ela.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==