Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 86 A Fonte do Inferno estaba no lugar da Checa, na man dereita da rúa de Recaré indo da Mouteira á Parrocha, pouco antes de chegar ao Lavadouro do Inferno. Era unha fonte pequeniña, cunha fochanca para beber os animais. Descoñecemos se segue existindo na actualidade, pero o que si sabemos é que esta fonte existía xa a mediados do século xvii posto que no testamento de D. Antonio Méndez de Sotomayor (–> Recaré), de 1635, podemos ler: «y una parra con otro pedazo de pro- piedad que está junto a dicho lugar con todos los castaños que están sobre la fuente que se dice do Inferno», o que nos pon de relevo tamén a súa situación física; por debaixo dos terreos daquela con castiñeiros e agora coutadas cubertas, maiormente, de piñeiros. Baixando da Pa- rrocha cara á Mouteira, nada máis xirar para tomar a rúa de Recaré, atopamos á man esquerda, oculto entre a casa que fai esquina e a que está a continuación, O Lavadouro do Inferno . Por detrás, un muro de pedra protéxeo da baixada da terra das coutadas que se atopan por riba del, de xeito que realmente o lavadoiro queda nun fondal respecto de- las. No fondo do lavadoiro, á man esquerda, temos a entrada da mina da que procede a auga que o alimenta, e unha billa que o concello de Vigo identifica como «Fonte do Lavadouro de Recaré».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==