Toponimia do Val do Fragoso

85 A Terra Presa das Cunchadas Inferno, A Fonte do Do latín infernu , que procede do adverbio inferiu ‘máis abaixo’, comparativo de infra ‘abaixo’. O substantivo inferno adoita empregarse na toponimia para nomear lugares situados nunha depresión ou nun fondo. En realidade, esta identificación de inferno con ‘lugar fondo’ chegou a nós a través da relixión. Ao identificarse no cristianismo o lugar onde as almas dos condenados recibirían castigo eterno nas pro- fundidades da terra, recibiu o nome de inferno . Co tempo, á nosa lin- gua só chegou o termo inferno con ese significado relixioso e a partir de aí empregouse para nomear os lugares que podían semellarse a esa idea de inferno. No Nomenclátor de Galicia aparece un único lugar chamado O Inferno , pertencente a Corzáns, parroquia de Salvaterra de Miño, pero a súa presenza é moito maior na microtoponimia. De feito, na veciña parroquia de Beade aparece tamén unha «Fonte Infernos» (supoñemos Fonte dos Infernos ) na relación de mananciais do Concello de Vigo (cdixital.vigo.org/fontes ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==