Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 84 No Catastro de Ensenada aparece o topónimo sen artigo «Covelo» en catro ocasións, máis dúas con – b– , unha en plural e un «lugar do Covelo» propiedade dun veciño das Casas Vellas, que se podería co- rresponder co Covelo que coñecemos na actualidade. Pola súa banda, no Libro de afanegados atopamos «Covelo o Candea» como nome dun- ha propiedade que nos podería remitir ao Covelo da Chan. Cunchadas, As Cunchada é un derivado de cuncha , concha , que procede do latín conchula , diminutivo de conca , que ten tamén o significado de conca- vidade. C unchada parece o participio dun verbo cunchar (ou un deri- vado) que podería aludir á acción de engadir cunchas de molusco a un terreo para emendalo e mellorar a súa fertilidade, pero no noso caso a motivación orográfica parece a máis probable. Trátase dun terreo de monte que corresponde á bacía (ou cunca) do rego que baixa dende A Fonte da Xabaloluca e enche as presas das Cunchadas (e discorre ladeira abaixo co nome da Regueira), delimitado ao leste pola Xabalouca e ao oeste pola confluencia das rúas da Senra e das Cunchadas. Actualmente O Camiño das Cunchadas (As Cunchadas) é a estrada completa que sobe dende O Carballal ata A Bouzafría, coñecida tamén como A Costa das Cunchadas (As Cunchadas). O tradicional camiño das Cunchadas é o camiño terreño polo que se sobe ás Presas das Cun- chadas , a partir, en dirección leste, da encrucillada entre a rúa das Cun- chadas e a rúa da Senra. Neste lugar hai un conxunto formado por tres presas, dúas das cales continúan limpándose cada ano o último sábado do mes de xuño, así como, todos os regos que levan as súas augas polas leiras do Carballal ata Mourelle. A terceira, agora abandonada, estaba situada un pouco máis arriba das anteriores, á dereita. As Cunchadas aparece como topónimo tanto no Catastro de En- senada como no Libro de afanegados , que nos informan ademais do aproveitamento dalgunhas das terras así nomeadas como «dehesa» ou como «monte».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==