Toponimia do Val do Fragoso
83 A Terra Covelo, O Covelo é un diminutivo de covo , forma masculina do adxectivo cova , que ten tamén unha forte presenza na nosa toponimia, aínda que menor proporción que Cova . O Covelo na Chan é o nome do terreo localizado por riba da rúa da Chan, na esquina que forma coa prolongación do camiño da Remesiña que parte dela para irse unir ao camiño da Candea. Situado, polo tanto, aos pés da aba noroeste do monte do Galleiro, xusto no punto onde unha aínda relativa pendente dá paso á chaira da Chan, de xeito que se nos situamos no cruzamento entre o camiño do Galleiro (camiño da Área de Lecer) e o camiño da Cendea, podemos apreciar claramente como este terreo queda nun fondal. Á man esquerda da rúa da Chan, unha vez que pasamos o camiño das Casas Vellas novo en dirección ao lugar da Chan, atopamos O Co- velo (As Casas Vellas), antiga coutada, agora transformada en labradío. Tamén se designa con este topónimo o lugar que ocupa a casa si- tuada na cara cóncava da curva que a rúa de Mandín debuxa no punto medio entre O Calvario e Novelos e que é coñecida como A Volta de Popó. As Presas do Covelo son dúas presas terreñas, unha máis grande cá outra, situadas uns trinta metros por riba do Muíño do Pouso en direc- ción noroeste. Na actualidade están en desuso e parcialmente cubertas pola vexetación, pero aprécianse os buracos no terreo. Indo polo cha- mado Camiño da Área de Lecer cara á Chan, cento cincuenta metros antes de chegar á pista do Galleiro–Valadiñas, cruza a estrada un ca- miño que baixa do merendeiro do Pouso 32 . Pois ben, antes de chegar a esta intersección e ladeira abaixo, internándonos entre a vexetación, damos con estas presas, sinalizadas pola presenza dun gran abeto plan- tado no seu día polo alumnado da escola da Chan. Podería ser, pola súa situación, que se correspondan cos Lagos do Pouso (–> Lago ). 32 Logo de cruzar o camiño da Área de Lecer, este camiño de pés continúa bifurcándose nun ramal que vai cara á dereita ao Muíño do José María, e outro á esquerda, que se divide á súa vez en dous, morrendo o da dereita na actualidade nas coutadas das Millaradas e indo o da esquerda a unirse co camiño da Candea á altura das casas que están por debaixo da escola da Chan.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==