Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 82 dous casos estamos ante un orotopónimo que describe unha concavi- dade na paisaxe. Ademais recollemos topónimos compostos en que Cova cumpre a función de modificador, como O Cocho da Cova (O San Cibrán), si- tuado por debaixo da Casa de Augas, polo que este antigo cocho é na actualidade un terreo a monte. O Camiño da Cova (Mourelle) que parte á man dereita da estrada de Bembrive en dirección a Beade, uns douscentos cincuenta metros antes de cruzar o río de Eifonso. Se baixa- mos este camiño, xusto antes de que remate, tomamos a entrada que aparece á man dereita, e seguimos uns cento vinte metros en liña recta, primeiro pola pista asfaltada e logo por un camiño terreño atoparemos A Presa da Cova (Mourelle), que recolle a auga que baixa dende A Fonte da Raíña. O río de Eifonso ao seu paso pola Cova denomínase O Río da Cova . O Muíño da Cova (Moledo – Beade), construción de dúas rodas situado na marxe dereita do Río da Cova, que marca a estrema de Bem- brive con Beade e Sárdoma. Deste muíño parte tamén, en dirección oeste, o camiño que representa a liña divisoria entre estas dúas últimas parroquias e que se prolonga, logo de cruzar o camiño da Brea, no camiño de subida ás Relfas. No tramo inicial do camiño, pouco máis arriba do muíño, temos A Fonte da Cova 31 . Aínda que sobre o plano o muíño figure na banda de Bembrive, a veciñanza do barrio de Moledo considera este muíño parte da súa parroquia, non só pola localización, senón polo feito de que a maioría das quendas de moenda neste muíño de herdeiros correspondíalle á xente desa parroquia e outra parte ás xentes de Saa (Beade). Nas escrituras de propiedade aparece nomeado como «muíño de Xan Ribeiros» quen, se entende, debeu ser un dos seus primeiros propietarios. Non aparece ningún muíño con este nome no Catastro de Ensenada , pero si un chamado «de Moledo» que se po- dería corresponder con el (–> A Parroquia). 31 Hai casos en que os mananciais están profundos, por debaixo do nivel do chan, e é necesario cavar unha pequena cova para que poida ser aproveitado. Isto pode levar á aparición dun topónimo do tipo A Fonte Cova e pódese estender secundariamente o topónimo Cova ou A Cova ao lugar onde se atopa.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==