Toponimia do Val do Fragoso

81 A Terra por ter a pedra moi gorda. Non atopamos ningún muíño con este nome no Catastro de Ensenada (1752), aínda que si profusamente no Libro de afanegados (1846). Aínda así, non podemos deducir directamente que foi construído no período de tempo entre a elaboración dun documen- to e outro, xa que hai un elemento máis que debemos ter en conta. No Libro de afanegados , en varias das ocasións nas que aparece O Mu íño do Buraco faino coa dobre denominación de «molino do buraco / dos chans» e neste caso, si que atopamos coincidencia co Catastro de Ense- nada , en que se recolle a existencia dun muíño no río de «San Ciprian» «en la situación dos Chans», propiedade de «Juan Fernández, Martha Figueyras y más consortes». Poderiamos estar, polo tanto, ante un anti- go muíño chamado «dos Chans», renomeado posteriormente como do Buraco . Cova, A Ademais de como substantivo, co significado de ‘cavidade natural ou artificial no terreo’, cova pode funcionar como un adxectivo, femi- nino de covo, que describe un terreo cóncavo. Procede dun termo hispano cova . Algúns autores consideran que é un dialectalismo itálico, mentres para outros sería a forma autóctona da Hispania occidental, un celtismo (paralelo do latín cava pero con outro vocalismo). Localízase no lugar do barrio de Moledo (Sárdoma) e nos campos de Beade situados entre a rúa da Cova, que parte da praza de Moledo e que continúa como Camiño da Brea 30 cara a Beade e o río de Eifonso, aquí río da Cova. Emprégase tamén o plural As Covas , sobre todo para referirse aos campos. No barrio de Mourelle atopamos A Cova, lugar enclavado nunha valgada aos pés da cal discorre o río de Eifonso, onde as casas apare- cen dispostas ao redor do Camiño da Cova. Este topónimo aparece xa no Catastro de Ensenada , escrito tanto con v «A Cova» como con b «A Coba», e é esta grafía a única que atopamos xa no Libro de afanegados , en que se fai referencia expresamente á «a Coba en Mourelle». Nos 30 Brea e verea son o resultado galego do latín vereda . Estamos, polo tanto, ante un topónimo redundante, xa que unha verea (Brea) é sempre un camiño.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==