Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 80 fose a de Miraflores ou, quizais, algunha outra que xa non coñecemos na actualidade. No Libro de afanegados si que atopamos xa A Buraca de Baruxáns, asociada aos topónimos da Torre, Lameiro e Campo Re- dondo, así como a referencia a outras propiedades con este nome que poderían estar no San Cibrán, próximas Ás Crebadas, pero isto é só unha hipótese. No Libro de afanegados lemos: «dehesa da Buraca 141 baras». Tamén aparece unha «Dehesa de la Buraca» no foro outorgado por Jose Costas en 1802 (–> capela do San Cibrán). Buraco, Muíño do Buraco ou burato (forma maioritaria no galego) 29 son termos de ori- xe prerromana, posibles celtismos, que constituirían a forma celta pa- ralela do latín foratu , participio do verbo forare ‘furar, perforar’. Desig- nan a presenza de aberturas ou cavidades de tamaño e profundidade variables e xeralmente arredondadas, polo que na toponimia adoitan nomear lugares onde existe unha depresión no terreo. A toponimia é totalmente transparente cando chegamos ao Muíño do Buraco, pois temos a sensación de estarmos no fondo dun bura- co, baixo a fervenza de maior entidade das que podemos atopar na parroquia, a que describe o río de Eifonso, aquí río da Bouzafría, ao precipitarse sobre unha gran laxe dende varios metros de altura. Pode- mos chegar ao muíño seguindo o sendeiro do Eifonso, pouco máis dun quilómetro augas abaixo da capela do San Cibrán, ou polo camiño que hai entre as Parrovellas e a Pereiriña que nos leva ata A Ponte da Bou- zafría. A veciñanza da parte alta do San Cibrán accedía a el baixando polo Ramallal e As Viñas Vellas e cruzando o río no Peirao, grazas a un penedo grande que hai uns anos levou unha enchente. A estrutura do edificio, feito de cachotería, atópase en bo estado, igual que o teito. Ten unha porta que se aprecia recente e, sobresaíndo da parede no seu lado dereito, conserva o pousadouro . A porta adoita estar aberta, polo que podemos acceder ao interior, onde atopamos dous pés separados por unha laxe chantada verticalmente, duns cincuenta centímetros de alto. O Muíño do Buraco tiña fama de facer a mellor fariña na zona, 29 A forma buraco atoparíase restrinxida á costa pontevedresa e O Baixo Miño, leste de Ourense, sur de Lugo, algún punto da Costa da Morte e zonas limítrofes de Zamora e León (Hermo 2012: 46).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==